luns, 11 de febreiro de 2019

Mellora a proporción de investigadoras nas administracións públicas e universidades

O ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, presidiu na sede do Departamento o acto de apertura do ‘Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia’, establecido pola Organización de Nacións Unidas en 2015.

mércores, 6 de febreiro de 2019

Así se constrúe o dicionario científico en galego


Ningunha lingua nace xa terminada, e do mesmo xeito, toda lingua está viva na medida no que o están os seus falantes e a propia realidade que se move arredor dela. Novos termos vanse incorporando, segundo avanza a ciencia, a tecnoloxía e a sociedade en xeral. Neste senso, o galego, coa súa tardía normativización e normalización, aínda ten camiño por andar. Así se comprende que aínda o ano pasado se engadiran ao dicionario da Real Academia Galega.

domingo, 3 de febreiro de 2019

Explícoche matemáticas 2.0

Explícoche matemáticas 2.0 é un concurso que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, que xa vai pola súa oitava edición, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.
Pode participar o alumnado das universidades públicas de todo o Estado español de todas as titulacións de grao, mestrado e doutoramento, así como alumnado de 3º e 4º da ESO e de bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora.