martes, 11 de xuño de 2019

Récord de participación con 426 aspirantes na convocatoria de ESTALMAT-Galicia 2019

Un total de 426 estudantes de toda Galicia nados en 2006 e 2007 participan este sábado 8 nas probas de selección dos 25 estudantes da 13ª promoción do Proxecto ESTALMAT-Galicia para a detección e estímulo do talento en matemáticas. Con este número de persoas inscritas, o proxecto consolida a súa andaina dende 2007 e sobrepasa a media dos 5 últimos anos.

Os participantes, 175 rapazas e 251 rapaces, proceden na súa maioría das provincias da Coruña (276) e Pontevedra (113), seguidas das de Lugo (18) e Ourense (19), tanto do ensino público (245) como do privado (181), de 136 centros públicos e 54 centros privados ou concertados. Representan a 91 localidades galegas diferentes. Con esta edición son xa case 4.000 as e os estudantes que teñen pasado pola Facultade de Matemáticas nos últimos trece anos para facer a proba de selección.

sábado, 8 de xuño de 2019

Nove graos universitarios aumentan as prazas para o vindeiro curso, no que tamén se impartirán por primeira vez catro títulos de nova creación

Un total de 9 graos universitarios aumentarán o número de prazas ofertadas para o vindeiro curso 2019/20 nas tres universidades galegas, que tamén impartirán por primeira vez 4 novos títulos de grao, tal e como acaba de aprobar en Madrid a Comisión Delegada da Conferencia General de Política Universitaria, o órgano estatal encargado de dar o visto e prace á oferta para a totalidade do Sistema Universitario Español, e no que están representados o Ministerio e as CCAA.
No caso de Galicia -á proposta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional- esta oferta supón aumentar por primeira vez a oferta de prazas naqueles graos que nos últimos anos non eran suficientes para cubrir a demanda existente, e que presentan alta taxa de graduación e empregabilidade.
Deste xeito, no vindeiro curso auméntanse as prazas no Grao en Enxeñería Informática no Campus de Ourense e no Campus de Santiago (+24), no Grao en Dereito no Campus Coruña e Campus Santiago (+15), no Grao en Matemáticas no Campus Santiago (+10), no Grao en Pedagoxía en Campus Santiago (+2), no Grao en Psicoloxía Campus Santiago (+10), no Grao en Educación Social no Campus Santiago (+2), e no Grao en Enxeñaría Mecánica no Campus de Ferrol (+4). Neste último introdúcese a formación dual polo que o campus de Ferrol será o único de toda Galicia en ofertar un grao dual (o Grao en Enxeñaría Mecánica).

sábado, 11 de maio de 2019

DESPEDIDA DA PROMOCIÓN DE 2017

Foto: Conchi Paz
 
 
 Carmen Pomar, conselleira de Educación:
 
Desde hai unha ducia de anos ESTALMAT-Galicia funciona con éxito e é un programa de referencia para o estímulo do talento. O traballo de todas as persoas que participan nel contribúe de forma decisiva a apoiar o alumnado con aptitudes matemáticas avanzadas, de tal xeito que redunde en maior proveito dos estudantes e da sociedade.

venres, 10 de maio de 2019

SESIÓN DE CLAUSURA DO CURSO 2018-19 E DESPEDIDA DA PROMOCIÓN DE 2017



 Inauguración promoción de 2017

O sábado 11 de maio de 2019 terá lugar o Acto de Clausura do curso 2018/2019 e despedida da promoción de 2017 de Estalmat-Galicia.
Mais info

Convocatoria ESTALMAT-Galicia 2019

Toda a información relativa á convocatoria de Estalmat-Galicia para o curso 2019/20
Pinchar aqui

domingo, 5 de maio de 2019

XUNTANZA DE FAMILAS




Damos as grazas ao presidente de ESTALMAT-GALICIA, Juan Manuel Viaño Rey e á Decana dá Facultade de Matemáticas e Responsable de Relación cos Egresados, Elena Vázquez Cendón  por acompañarnos nesta comida.





Grazas os nosos nen@s, sen eles non seria posible esta comida. Os de primeiro despedíronse ata setembro. Os de segundo veranse de novo o sábado 11 de maio para facer adespedida da súa promoción



Mais fotos





 
 
 


domingo, 14 de abril de 2019

XUNTANZA FAMILIAS

 
O  4 de maio será o último día que van a coincidir os de 1º e 2º. Polo tanto pensamos  que e un bo día pa celebrar unha xuntanza   todas as familias, e que mellor que con unha  comida, a cal sería no comedor universitario, Monte da Condesa ,o remate da sesión do ESTALMAT.
Tamen nos gustaría contar cos de 3º
 
A comida sera  tipo buffet e os prezos son:
 
11 euros  ADULTOS
 7 euros   MENORES DE 11 ANOS
 
Pedimos que se faga a confirmación de cantos seremos por familia antes do día 25 de abril, facendo uso do correo electrónico da asociación

amigosdoestalmat.galicia@gmail.com

 

martes, 26 de marzo de 2019

A Nerd Nite da primavera.


Un keniano é o novo mellor profesor do mundo

 
Peter Tabichi, un profesor keniano de 36 anos, foi recoñecido este domingo como o mellor profesor do mundo, galardón que entregou a Fundación Varkey como parte do concurso Global Teacher Prize, que se entrega desde Dubai.
Tabichi é profesor de ciencias e foi recoñecido porque “a súa dedicación, o seu arduo traballo e a súa apaixonada crenza no talento dos seus estudantes levou a que a súa escola con escasos recursos nas zonas rurais remotas de Quenia saíse vitoriosa nas competencias nacionais de ciencia”, asegurou a fundación na súa páxina web
www.eltiempo.com

venres, 15 de marzo de 2019

O Consello da Cultura Galega presenta a táboa periódica en galego na xornada que celebra os 150 anos da súa publicación

O ano 2019 foi declarado Ano Internacional do Sistema Periódico polas Nacións Unidas para conmemorar os 150 anos da publicación, por Dimitri Mendeleev, da súa táboa periódica. Ao fío desta efeméride, a Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, en colaboración co grupo de investigación CienciaNosa e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, considera oportuno facer unha profunda reflexión sobre tan importante e transcendente acontecemento. Pretende realizar unha chamada á sociedade e facer deste ano un ano frutífero para toda a ciencia galega.

mércores, 13 de marzo de 2019

María José Alonso, a científica máis influente de España

María José Alonso, catedrática da USC. Foto: Paula Martínez Graña.
 

Un novo fito na carreira de María José Alonso, catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago de Compostela. Segundo informou este martes a institución, converteuse na investigadora máis influente de España atendendo ao índice de citación dos seus traballos científicos. O ránking do índice h, o indicador máis relevante do impacto das publicacións científicas dentro dunha área específica, outórgalle un índice-h 71, a posición máis alta entre todas as investigadoras que figuran na lista en calquera dos ámbitos científicos indexados. O ano pasado, Alonso xa era a máis influente no eido das Ciencias da Saúde, no que se mantén neste 2019 á cabeza.
https://www.gciencia.com

xoves, 7 de marzo de 2019

XII Seminario ESTALMAT 2019

Os días 29, 30 e 31 de marzo de 2019 celebrarase na  Universitat de lles  Illes  BalearsXII Seminario sobre actividades para Estimular o Talento precoz en Matemáticas e a  XVI Reunión Nacional do proxecto  ESTALMAT.http://estalmat.uib.ca

martes, 5 de marzo de 2019

Santiago acollerá o 1º congreso internacional de transferencia entre Matemáticas e industria

primeira  edición     Conference   on     Transfer  between   Mathematics &   IndustryCTMI 2019)   celebrarase  ou   vindeiro mes de  xullo     na   Facultade de Matemáticas  USC. Colaboran na   súa organización  ou Instituto   Tecnolóxico de Matemática Industrial (  ITMATI) e a  Rede  Española para Matemáticas e Industria (  mathin),   coa colaboración   do   European   Service   Network   of   Mathematics   for   Industry   and   InnovationEUMATHSIN). www.gciencia.com

luns, 4 de marzo de 2019

"Sorprende que nunha carreira científica a mellor nota sexa dunha muller"

Antes de empezar Matemáticas estudou un ano Arquitectura, pero non lle gustou. Erika Diz (Fene, 1994) acaba de recibir o Premio Fin de Carreira (dos titulados en 2017). E ela é a nota máis alta de todos os galardoados: un 9,79 no Grao de Matemáticas pola  Universidade de Santiago (e un 9,975 no máster que cursou despois). Por certo, dos 68 premiados nesta edición, case unhas 70% mulleres. www.laopinioncoruna.es

luns, 25 de febreiro de 2019

OPEN MATEMÁTICO 2019. RESULTADOS FINAIS E VALORACIÓNS

Os socios de AGAES queremos dar as grazas ás dúas coordinadoras do OPEN MATEMÁTICO, Covadonga e Cristina xa que sen elas este non seria posible. A continuación poñemos o correo que nos mandan.


Queridos participantes e familiares do OPEN, temos o inmenso placer de comunicar que o OPEN 2019 remata con resultados brillantes para AGAES-ESTALMAT- Galicia.  Nesta edición tivemos unha participación moi alta, rondando os 30 participantes en casi todas as xornadas e 16 na xornada de concentración do venres pasado na Facultade de Matemáticas.
 
O balance da clasificación final, despois da concentración presencial da que vos enviamos os enunciados e solucións, amosa dous primeiros postos (Juliá M. e Nuria), dous segundos (Martín e Pedro), dous terceiros (Iago, e Tomás G.), catro cuartos clasificados, cinco quintos (¡curiososo!) e 1 sexto.

 Ademáis, na clasificación de beleza entraron tres persoas: Daniel P., Héctor C. e Julia M. o que supón o 20% das belezas outorgadas en todo o concurso.
 
 
Estamos encantadas e moi orgullosas non so dos resultados senón tamén do ambiente creado arredor do concurso.  En primeiro lugar  queremos agradecer a todos o participantes a responsabilidade que amosaron en todo momento, cumprindo estrictamente os prazos establecidos e as bases do concurso.  En segundo lugar  queremos agradecer ás familias o esforzo realizado nas seis xornadas facendo que o concurso saíra adiante, especialmente aos que asististes á xornada presencial pois somos conscientes do que supón un desprazamento a Santiago toda a tarde dun venres, tendo en conta que esa viaxe debía repetirso ao día seguinte para asistir a sesión de ESTALMAT.
 
Tamén queremos agradecer a AGAES o apoio non so económico que se achega ao Colectivo Frontera, organizador do concurso,  senón tamén o seu labor de divulgación da actividade a través do blog (sociosagaes.blogspot.com) e o apoio que sempre atopamos na Asociación Galega de Amigos de Estalmat Galicia. 
Non queremos rematar sen mencionar o respaldo e a boa disposición e o apoio do  Comité Organizador de Estalmat Galicia.

Continuaremos enviando correos coas follas matemáticas que nos cheguen e coa información dos actos de entrega de premios, tanto en Requena (Valencia) como en Santiago.
 
 

 

Anexos
 

luns, 11 de febreiro de 2019

Mellora a proporción de investigadoras nas administracións públicas e universidades

O ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, presidiu na sede do Departamento o acto de apertura do ‘Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia’, establecido pola Organización de Nacións Unidas en 2015.

mércores, 6 de febreiro de 2019

Así se constrúe o dicionario científico en galego


Ningunha lingua nace xa terminada, e do mesmo xeito, toda lingua está viva na medida no que o están os seus falantes e a propia realidade que se move arredor dela. Novos termos vanse incorporando, segundo avanza a ciencia, a tecnoloxía e a sociedade en xeral. Neste senso, o galego, coa súa tardía normativización e normalización, aínda ten camiño por andar. Así se comprende que aínda o ano pasado se engadiran ao dicionario da Real Academia Galega.

domingo, 3 de febreiro de 2019

Explícoche matemáticas 2.0

Explícoche matemáticas 2.0 é un concurso que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, que xa vai pola súa oitava edición, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.
Pode participar o alumnado das universidades públicas de todo o Estado español de todas as titulacións de grao, mestrado e doutoramento, así como alumnado de 3º e 4º da ESO e de bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora.

martes, 29 de xaneiro de 2019

Las mentes maravillosas del Praia Barraña

Los cuatro alumnos que representaron al instituto boirense en la olimpiada matemática analizaron el peso de la experiencia en sus futuros


venres, 25 de xaneiro de 2019

XXXI Open Matemático — seguimento



Nesta entrada do blog poderedes consulta-los enunciados dos problemas, as solucións e as clasificacións tras cada unha das seis xornadas de que consta o Open Matemático.







Xornada Data Límite Problemas Clasificación
21 de xaneiro enunciados  solucións
xeral  beleza  
28 de xaneiro enunciados  soluciónsxeral  beleza 
4 de febreiro enunciados  soluciónsxeral  beleza
11 de febreiro enunciados  soluciónsxeral  beleza
18 de febreiro enunciados  soluciónsxeral  beleza
22 de febreiro enunciados  soluciónsxeral  beleza


Notas:
  • A hora límite para a finalización de cada unha das xornadas son as 14:30 horas da data límite indicada na táboa.

domingo, 20 de xaneiro de 2019

MatHex: xogo, estratexia e coñecementos



Xogo de estratexia onde o coñecemento é a túa arma Coas túas habilidades matemáticas, conquistarás o castelo do teu opoñente. Se te atreves, elixe o teu avatar, dálle o nome que queiras e… a xogar!

venres, 18 de xaneiro de 2019

OPEN MATEMÁTICO

PROBLEMA Nº 3. TRENZADO REBELDE
Cando fagades a figura poñédeslle o nome polos dous lados , facedelle 2 fotos e mandádesllas ás coordinadoras. GARDAR A FIGURA POR SE VOLA PIDEN

sábado, 12 de xaneiro de 2019

A UNESCO declara 2019 Ano Internacional da Táboa Periódica

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas e a UNESCO declarou 2019 'Ano Internacional da Táboa Periódica de Elementos Químicos' ( AIT2019), con motivo do seu 150 aniversario, ao considerarse 1869 o ano do descubrimento do sistema periódico por Dmitri Mendeleev.
www.lavanguardia.com

xoves, 10 de xaneiro de 2019

Para que serven as matemáticas?

Ver video
Eduardo Sáenz de Cabezón Doutor en matemáticas pola Universidade da Rioxa, onde actualmente exerce como profesor de Linguaxes e Sistemas Informáticos, Eduardo Saénz de Cabezón realiza unha intensa divulgación das matemáticas como membro e fundador do grupo de científicos e investigadores
 “ Big Van Científicos como unha seda”.



CORREOS presenta o selo dedicado ao Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos

www.correos.es

martes, 8 de xaneiro de 2019

XXXI OPEN MATEMÁTICO

PDF. Bases de partcipación
Xa deu comezo a XXXI edición do Open Matemático. Póñovos  a mensaxe de Covadonga:

Este ano o concurso,  xa na  XXXI edición,  ten como lema XEOMETRÍA PUNTO A PUNTO, e está  organizado polo Colectivo Frontera de Profesores de Matemáticas.

As instruccións para participar baixo as siglas de AGAES-ESTALMAT-Galicia son:
  1. Escanear os problemas que resolvades, cada un nunha páxina. Mellor en formato PDF. Tamén sirven fotografías pero deben ter a resolución adecuada para que podan lerse sen dificultade.En cada  problema deben aparecer datos da persoa que participa: NOME e APELIDOS,CURSO ESCOLAR,CURSO ESTALMAT: 1º, 2º PI, V1,V2 (veteranos 1,2)
  2. Envialos por correo electrónico no  prazo previsto, que na primeira xornada remata ás 14:30 horas do 22 de xaneiro, ás direccións das profesoras encargadas, Cristina e Covadonga:   ¡POR FAVOR! POÑEDE AS DÚAS DIRECCIONS.
  3. Cando recibamos as respostas daremoslle a reenviar ao correo entrante, esa será a sinal de que chegou correctamente.
  4. No asunto do correo poñede:   Nome, apelido, curso que estades estudando  e  a xornada Open 2019, por exemplo:
    Isabel Martínez- 3º ESO- 1ª Xornada Open 
  5. Cada xornada enviaremos ao correo dende o que nos cheguen os problemas,  as solucións e os problemas da sesión seguinte. O blog de AGAES  http://sociosagaes.blogspot.com.es/  fará o seguemento deste concurso e poderán consultarse alí as clasificacións.
  6. NON É UNHA ACTIVIDADE OBRIGATORIA. Tampouco é necesario resolver todos os problemas de cada xornada nin participar en todas as xornadas.
É importante ler detidamente as bases e as instruccións.

As solucións dos problemas deben aparecer moi xustificadas. Non serve poñer únicamente como solución un valor ou unha frase (Por exemplo: "non é posible").  

A puntuación dun problema ou  son 2 puntos ou 0 puntos.

venres, 4 de xaneiro de 2019

A ciencia calcula o lugar óptimo para colocar o teu router



 Á espera da anunciada chegada do 5G, as conexións inalámbricas wifi seguen sendo a principal fonte de acceso a internet nas vivendas. Porén, ás veces os usuarios atópanse con problemas debido a que as ondas do router non chegan coa forza suficiente a outros lugares da casa. Así, ás veces a velocidade ralentízase ou, directamente, é preciso comprar repetidores para non ter problemas de acceso á rede.



Danica McKellar, matemática e actriz



A matemática e actriz Danica McKellar (1975) cumpre hoxe anos. De nena, traballou na serie de televisión Aqueles marabillosos anos.
mujeresconciencia.com