venres, 21 de decembro de 2018

BO NADAL

A primeira sesión do novo ano será o 12 de xaneiro. Lembrade que o OPEN MATEMÁTICO comeza o día 7, antes desa data Covadonga ou Cristina poñeranse en contacto convosco atraves do correo electrónico
Compartimos  a felicitación que a decana Elena Vázquez Cedón deulle aos nenos na última sesión.




Os soci@s de AGAES tamén queremos felicitar as festas á decana e a tod@s os  que fan posible o gran proxecto
ESTALMAT-GALICIA

luns, 17 de decembro de 2018

XXXI OPEN MATEMÁTICO



https://docs.google.com/document/d/1ltxk18hxxmltS-BQOI8rG4XLaNN7enMLNjJPnXrN-XE/edit?usp=sharing
PDF Bases participación
 



Un ano máis o Colectivo Frontera de Profesores de Matemáticas organiza o TORNEO ABIERTO DE RESULTORES DE PROBLEMAS, conocido como Open matemático que, este ano, ten como lema Geometría punto a punto.
O torneo vai dirixido, primordialmente, aos  alumnos de Enseñanza Secundaria: ESO, Módulos Profesionales de Grao Medio e Bacharelatos, pero está aberto a outros participantes como se recolle nas bases.
A competición está organizada nun total de 6 xornadas, nas que se lles propondrá aos participantes a resolución dunha serie problemas.Para as primeiras 5 xornadas establécese un prazo para que os participantes resolvan os problemas na súa casa e fíxase una data límite para a súa entrega. a última xornada, a 6ª, será presencial.
 
Os estudantes que participen no programa ESTALMAT-Galicia, poderán entregar os problemas a través do correo electrónico dirixido ás duas  coordinadoras Cristina e Covadonga,
 
Na primeira xornada indicarase cal será este procedemento.
 
O Calendario da xornada é o seguinte:

Xornada
Datas 2019
Fin prazo entrega
7 a 21 xaneiro
14:30h do 21 xaneiro
21 a 28 xaneiro
14:30h do 28 xaneiro
28 xaneiro a 4 febreiro
14:30h do 4 febreiro
4 a 11 febreiro
14:30h do 11 febreiro
11 a 18febreiro
14:30h do 18febreiro
21 ou 22febreiro
16h–20h concentración






venres, 14 de decembro de 2018

Chega Science Truck, o novo proxecto de FECYT que leva aos youtubers de ciencia ás aulas

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía ( FECYT) estrea Science Truck, un novo proxecto de divulgación da ciencia protagonizado por youtubers, que se emitirá en directo desde centros educativos de ensino secundario. Está dirixido aos máis novos e ten o obxectivo de espertar o interese pola ciencia e aumentar as vocacións científicas.

xoves, 13 de decembro de 2018

MUNCYT A Coruña

http://www.muncyt.es/

Dous alumnos de Vimianzo, campións mundiais de modelado 3D na D3 Mobile

Os mozos Aitana Castiñeira De León e Sergio Castiñeira Fandiño, alumnos de segundo curso de bacharelato no IES Terra de Soneira de Vimianzo, acaban de ser nomeados campións do mundo de modelado 3D no campionato científico escolar do Campus Terra D3 Mobile Metrology World League 2018, impulsado pola Universidade de Santiago a través da Escola Politécnica Superior de Enxeñería, de Lugo.

As mulleres que cambiaron o mundo chegan en libros por Nadal

As historias de mulleres que cambiaron o mundo chegan en forma de álbums infantís por Nadal, unhas vidas inspiradoras que comparten espazo nas librerías con clásicos como 'O Principiño' ou os contos de sempre, iso si, cunha nova e orixinal mirada.
laopinioncoruna.es

mércores, 5 de decembro de 2018

martes, 4 de decembro de 2018

OCEO NO INVERNO


Inauguración da exposición “Ciencia e Tecnoloxía en democracia 1978-2018” en A Coruña.

O ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, inaugurou hoxe na sede coruñesa do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía ( MUNCYT)  móstraa “Ciencia e tecnoloxía en democracia 1978 – 2018. 40 anos de investigación e innovación en tempos da Constitución española”, realizada polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico industrial ( CDTI) para conmemorar os corenta anos da Constitución Española. 
http://www.ciencia.gob.es

A Xunta fai entrega do Premio María Josefa Wonenburger á microbióloga Alicia Estévez


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregou o Premio María Josefa Wonenburger 2018 á microbióloga pontevedresa Alicia Estévez Toranzo pola súa contribución á visibilidade das mulleres no ámbito da ciencia e da tecnoloxía.
Alicia Estévez está licenciada en Bioloxía e Farmacia e dende o ano 1991 é catedrática de Microbioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en Bioloxía no ano 1980
www.xunta.gal

luns, 3 de decembro de 2018

O ALUMNO DA USC FERNANDO CASTRO RECIBE O PREMIO ESPECIAL DO XURADO ARQUÍMEDES 2018

Felicitamos ao noso compañeiro Fernando Castro Prado, antigo alumno de Estalmat-Galicia e agora docente e membro do seu Comité Organizador, polo premio especial do xurado da décimo sétima edición do Certame Universitario Arquímedes, que recoñece os mellores proxectos de investigación realizados polo alumnado de grado e posgrado das universidades españolas. (noticia en La Voz de Galicia e El Correo Gallego)

http://www.estalmatgalicia.com/

sábado, 1 de decembro de 2018

A conselleira de Educación destaca a figura de Luís Castedo, mestre de varias xeracións de químicos

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na homenaxe ao químico Luís Castedo polo seu 80 aniversario, que se celebra a través do seminario Prospects in Chemical Sciences II. A titular do departamento educativo da Xunta de Galicia destacou a figura deste ortigueirés, que se converteu en “mestre de varias xeracións de químicos formados nas universidades galegas, que hoxe ostentan destacados postos no noso país e no estranxeiro”.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26560

A excelencia do alumnado de FP, premiada nas Galicia Skills 2018

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu hoxe a entrega das medallas do certame Galicia Skills 2018, que se celebra desde o pasado mércores na Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda), organizadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Un total de 137 alumnos participantes, acompañados dos seus titores, de 52 centros públicos mediron nestes días as súas destrezas en 26 modalidades ou skills formativas, demostrando a excelencia das ensinanzas que reciben.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26566