luns, 9 de xaneiro de 2017

XXIX Open Matemático - 1ª Xornada


Hoxe, 9 de xaneiro, comeza a primeira xornada do XXIX Open Matemático que, nesta edición, ten como lema Criptografía e Matemáticas.

Os estudantes que participades ou tedes participado no programa ESTALMAT-Galicia e que seguides estudando ESO ou Bacharelato podedes concursar no Open Matemático baixo as siglas de AGAES-ESTALMAT-Galicia. As instruccións para participar son as seguintes:
  1. Escanear os problemas que resolvades, cada un nunha páxina. Mellor en formato PDF. Tamén sirve unha fotografía pero debe ter a resolución adecuada para que poda leerse sen dificultade.
  2. Envialos por correo electrónico no  prazo previsto (para a primeira xornada remata ás 14:30 horas do 23 de xaneiro) ás direccións das profesoras encargadas:

    Alicia pedreira.mengotti.alicia@gmail.com
    (Ollo ás tt da dirección)
    Covadonga covadongares@gmail.com

    Cando recibamos as respostas daremoslle a reenviar ao correo entrante, esa será a sinal de que chegou correctamente.
  3. No asunto do correo poñede:  
    Nome e Apelidos – Xornada <número> Open
    por exemplo: "Isabel Martínez - Xornada 1ª Open"
Se algún alumno ou exalumno de ESTALMAT-Galicia non recibe ningún correo cos enunciados dos problemas, por favor, enviade un correo a Covadonga ou Alicia solicitándoos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario