martes, 29 de novembro de 2016

IV Concurso de Postais de Nadal


A Fundación USC Deportiva ven de convocar o IV Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva para nenos e nenas nacidos entre os anos 2004 e 2013 (ambos incluidos). A temática da postal debe unir o Nadal e o deporte e valorarase a calidade dos traballos tendo en conta a idade dos nenos e nenas, a imaxinación, a orixinalidade e a súa relación coa temática indicada. O premio consitirá nunha praza no Verán CampUSC 2017 e nun vale para canxear por material deportivo. Así mesmo, a imaxe gañadora formará parte da tarxeta de Nadal que elaborará para este ano a Fundación USC Deportiva.

O prazo para entregar os traballos orixinais remata o 9 de decembro.


Para máis información, visita a web da Fundación USC Deportiva

Ningún comentario:

Publicar un comentario